Sunday 19 de May de 2024

Unha viaxe pola cultura fai aterrar a un ser doutro planeta na alameda de Ordes


O espectáculo Circo chosco riscando o ceo encheu a alameda de Ordes de risas na tarde de onte. Un ser chegado doutro planeta deixou claro, entre outras cousas, o ben que se pode pasar xogando co equilibrio, o bo que é ter amigos e amigas, que a maxia é universal e que se pode comer un plátano en 10 segundos. A actividade forma parte do programa Unha viaxe pola cultura, o cal se está a desenvolver ata o vindeiro luns en horario de tarde.